FILTRO

Filtra un intervalo ou matriz de datos a partir das condicións especificadas.

Sintaxe

=FILTRO( Intervalo; Criterio [; Devolver se baleiro])

Intervalo: A matriz ou intervalo que filtrar.

Criterios: Unha matriz lóxica cuxa altura (filtro por columnas) ou largura (filtro por filas) é a mesma que a matriz, empregada para seleccionar datos do Intervalo.

Devolver se baleiro: (opcional) o valor que se devolve se todos os valores da matriz Criterios están baleiros (o filtro non devolve nada).

Exemplo

Os datos seguintes serán usados como exemplo

 

A

B

C

1

Maths

Physics

Biology

2

47

67

33

3

36

68

42

4

40

65

44

5

39

64

60

6

 

38

43

7

47

84

62

8

29

80

51

9

27

49

40

10

57

49

12

11

56

33

60

12

57

 

 

13

26

 

 


{=FILTRO(A2:C13;A2:A13>50)} devolve unha matriz que contén todas as notas de matemáticas superiores a 50. Teña en conta que esta é unha fórmula de matriz.

57

49

12

56

33

60

57


{=FILTRO(A2:C13;B2:B13>90;"Sen resultado")} Devolve o texto «Sen resultado», xa que non hai notas de física superiores ao 90.

Información técnica

tip

Esta función está dispoñíbel desde a versión 24.8 do LibreOffice.


Esta función NON é parte do estándar Formato Open Document para Aplicacións de Ofimática (OpenDocument), versión 1.3. Parte 4: Fórmula recalculada (OpenFormula). O espazo de nomes é

COM.MICROSOFT.FILTER